Saturday 18 de May de 2024

Exitosos recitais en Riveira dos alumnos da Aula Galega de Saxofón xunto a Carl Emmanuel Fisbach e Wenjiao Wang


Os 16 alumnos da Aula Galega de Saxofón deleitaron a pasada fin de semana ao público congregado no Conservatorio cunha dobre sesión concertística que contou coa intervención especial do Dúo Azar: un grupo integrado polo saxofonista francés Carl Emmanuel Fisbach e a pianista chinesa Wenjiao Wang que acudiron no noso municipio para compartir cos estudantes algúns dos seus coñecementos no mundo da música.

Os alumnos que forman parte da Aula reúnense unha fin de semana ao mes no centro musical da cidade barbanzana para progresar na súa formación como saxofonistas. Proceden de localidades como Rianxo, Valga, Vila de Cruces, Pontevedra, Santiago, Vigo e por suposto Riveira.

Nos concertos celebrados o venres e o sábado interpretaron pezas de Grovev, Glazounov, Decruck ou Hindemith, entre outros: todo, co acompañamento constante da pianesta Wenjiao Wang.

A cita contou coa asistencia da concelleira de Educación, Maricarmen Vizcaya, ademais de co coordinador da Aula Galega de Saxofón, José Fungueiriño.